“A tradición musical da Igrexa universal constitúe un tesouro de valor inestimable, que sobresae entre as demais expresións artísticas, principalmente porque o canto sacro, unido ás palabras, constitúe unha parte necesaria e integral da Liturxia” (Sacrosanctum Concilium, 112)
 
O CURSO DE MÚSICA SACRA quere ser un espazo de encontro e formación litúrxico-musical básico para todas aquelas persoas que desempeñan algún labor de animación nas súas comunidades: membros de coros, músicos, directores, salmistas e todos aqueles amantes da música e da liturxia.
 
Responsable
Óscar Valado (Director do Secretariado de Música Sacra)
 
Docentes
Óscar Valado (Director do Secretariado de Música Sacra)
Elisardo Temperán (Prefecto de Liturxia da Catedral de Santiago) 
Manuel Cela (Organista da Catedral de Santiago)
José Luís Vázquez (Director da Escolanía da Catedral)
 
Duración
Desde o 8 de outubro ata o 13 de maio (15 sesións en sábados alternos)
 
Horario
Sábados alternos de 10:00 - 11:15 // 11:30 - 12:30

 

Contido 

  • Que é a liturxia? 
  • Que música pídenos a Igrexa? (Lexislación litúrxico-musical)
  • Como seleccionar o repertorio litúrxico?(criterios de selección) 
  • Cal é o papel do coro? (polifonía e participación)
  • Que é o canto gregoriano e cando se pode utilizar?
  • Que se debe cantar na Eucaristía? (o ordinario e o propio)
  • Que instrumentos podemos utilizar na liturxia?
 
A materia de Liturxia fundamental será validada a todos aqueles que fagan ao mesmo tempo o CURSO DE LITURXIA.
 
As sesións teóricas alternaranse con sesións prácticas: audicións, lectura da partitura, canto, dirección e interpretación.
 
Tras a finalización do CURSO DE MÚSICA SACRA o alumno obterá un certificado de asistencia e aproveitamento, asinado polo Sr. Arcebispo, o Coordinador do Curso de Música Sacra e o Director da Escola.

 

 

“A Liturxia é o cume ó cal tende a actividade da Igrexa e ao mesmo tempo a fonte de onde mana toda a súa forza” (Sacrosanctum Concilium, 10)

O CURSO DE LITURXIA busca achegar a todos os amantes da Liturxia un espazo de formación básica para todas aquelas persoas que desempeñan algún labor ou ministerio nas súas comunidades: lectores, acólitos, ministros extraordinarios da comuñón, etc.
 
Responsable
Elisardo Temperán Villaverde (Prefecto de Liturxia da Catedral de Santiago)
 
Docentes
Elisardo Temperán Villaverde (Prefecto de Liturxia da Catedral de Santiago)
Oscar Valado Domínguez (Director do Secretariado de Música Sacra)
Rafael Casas Delgado  (Subdelegado da Delegación de Liturxia)
Segundo Leonardo Pérez López (Director do ITC)
Andrés Fernández Farto (Director do ISCCR)
 
Duración
Desde o 1 de outubro ata o 20 de maio (15 sesións en sábados alternos)
 
Horario
Sábados alternos de 10:00 - 11:15 // 11:30 - 12:30
 

Contido

  • Que é a liturxia? (Historia e liturxia fundamental)
  • Que celebramos? (Sacramentos e sacramentales)
  • Quen celebra? (Cristo, Igrexa, comunidade, asemblea)
  • Cando celebramos? (O ano litúrxico, o domingo, o santoral)
  • Onde celebramos? (Espazos e lugares, símbolos litúrxicos)
  • Como celebramos? (Participación litúrxica, ministerios laicales)
  • As Celebracións dominicais en ausencia de presbítero
  • Música litúrxica


A materia de Música litúrxica será validada a todos aqueles que fagan ao mesmo tempo o CURSO DE MÚSICA SACRA.

Tras a finalización do CURSO DE LITURXIA o alumno obterá un certificado de asistencia e aproveitamento, asinado polo Sr. Arcebispo, o Coordinador do Curso de Liturxia e o Director da Escola.

 

 

A ESCOLA DIOCESANA DE LITURXIA E MÚSICA SACRA nace ante a crecente demanda de formación litúrxica e musical existente entre as persoas que participan habitualmente nas celebracións das nosas igrexas. Este é o principal motivo polo cal o Instituto Teolóxico Compostelán (ITC) ofrece un novo espazo de encontro e formación; por unha banda desde a LITURXIA, orientado a membros de comisións de liturxia, ministros extraordinarios da comuñón, lectores, acólitos, colaboradores de culto de irmandades e confrarías, diáconos permanentes, etc.; e, por outra, desde a MÚSICA, orientada a salmistas, responsables de canto, directores de coro, coristas e instrumentistas que habitualmente interpretan música nas nosas celebracións. A formación que ofrece a Escola comprende dous cursos independentes pero que se poden realizar simultáneamente

  •  Curso de Liturxia 
  •  Curso de Música Sacra

 

PREZO

Curso de Liturxia: 80 €

Curso de Música Sacra: 80 €

Ambos os cursos: 150 €


LUGAR

Instituto Teolóxico Compostelán (ITC)

Praza da Inmaculada, 5

15704 – Santiago de Compostela


MATRÍCULA

A partir do 5 de setembro

Secretaría do ITC

Luns a venres 10:00 – 13:00 horas

Tfno: 981 586 277