Curso para la obtención del título DECA-Profesor de Religión

O Instituto Teolóxico Compostelán ofrece en réxime semipresencial cursos para a formación e acreditación dos candidatos a profesores de Relixión no ensino público ou privado.
No caso dos profesores de Primaria, ademáis da titulación propia requerida (ver páxina da CEE), o ISCCRR ofrece a formación necesaria requerida en materias teolóxicas (18 créditos) e pedagoxía da relixión e o ensino relixioso escolar (ERE, 6 créditos).
No caso dos profesores de Secundaria, requírese unha formación completa que ofrece o Instituto Superior de Ciencias Relixiosas (ver requisitos propios CEE e plan de estudios do ISCCRR).
Para chegar a ser profesores de Relixión, o primeiro requisito é a pertenza e compromiso coa Igrexa Católica, tratándose dunha misión eclesial que o bispo confirma. Dándose esta, os requisitos formais pasan por tres institucións eclesiais.

  1. Contacto e información dos requisitos na Vicaría de Ensino e Catequese;
  2. Formación pertinente nun centro recoñecido pola CEE, como o ITC/ISCCRR nas súas sedes autorizadas;
  3. Acreditación (título DECA) pola Conferencia Episcopal Española;
  4. Obtención da DEI ou missio canonica do arcebispo, e entrada nas listas da Consellería de Educación, todo a través da Vicaría de Ensino e Catequese.

DECA primaria

O ITC/ ISCCRR ofrece a formación relixiosa, teolóxica e pedagóxica requerida e CERTIFICA SÓ ESA FORMACIÓN, que é un dos requisitos pero non o único. Sen a formación non se pode acceder ás clases de Relixión, pero o ITC/ISCCRR non se pode facer responsable nin se fai responsable de que o candidato cumpla os outros requisitos e obtenga a DECA ou acceda as clases de relixión. Terminados e certificados os cursos o candidato debe dirixirse xa á Conferencia Episcopal primeiro e á Vicaría a continuación para proseguir os trámites, non a este Centro académico.

Unha evaluación feita por cada profesor en cada bloque, que: indicará ao comezar os contidos e coñecementos mínimos previos que se requiren nesa materia e, eventualmente, se dan por supostos para poder comezar o curso; aínda que non se faga unha proba de acceso, estos contidos poden esixirse na proba final evaluará a asistencia e participación na clase, e o/s traballo/s que mande facer ós alumnos para completar o traballo pola súa conta (50% evaluación) ao final de cada bloque os diversos profesores examinarán aos alumnos dos diversos contidos nun único exame escrito (50% evaluación)

Non se poderá obter o certificado dun bloque sen ter superados estos criterios de evaluación mínimamente. Só se certifican bloques completos. Darase unha segunda convocatoria para superar cada bloque no caso de non acada-los mínimos nos traballos, no exame ou ambos.

DECA secundaria

O ISCCRR ofrece un curso de 18 ECTS de Pedagoxía e Didáctica do Ensino Relixioso Escolar de conformidade cos programas establecidos pola CEE.